A espléndida galaxia espiral NGC 1232

Créditos da imaxe: FORS, 8.2-meter VLT Antu, ESO

Explicación: as galaxias son fascinantes no só polo que é visible, senon polo que é invisible. A espléndida galaxia espiral chamada NGC 1232, captada en detalle por un dos novos Very Large Telescopes [Telescopios moi grandes] é un bo exemplo. O visible está dominado por millóns de estrelas brillantes e poeira escura, atrapado todo no remuíño gravitacional dos brazos en espiral que xiran arredor do centro. Óllanse varios cúmulos abertos ciscados ao longo deses brazos espiráis, que albergan estrelas azúis e brillantes, e espalladas entre eles escuras corredoiras de mesto interestalar. Menos visible, mais detectable, hai miles de millóns de tenues estrelas normais e grandes extensións de gas interestelar, que, ao mesmo tempo, supoñen unha masa tan enorme que domina a dinámica do interior da galaxia. A parte invisible son cantidades aínda maiores de materia dun xeito que polo de agora descoñecemos (a omnipresente materia escura necesaria para explicar os movementos da parte exterior e visible da galaxia).

Texto orixinal no APOD.