
Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder
Explicación: desde Saxitario ao Escorpión, a Vía Láctea central é unha parte realmente fermosa do ceo nocturno do planeta Terra. A magnífica zona cáptase nesta imaxe de campo amplo que abarca uns 30 graos. A impresionante vista cósmica, realizada en 2010, salienta embrollados corredores de po, nebulosas brillantes e cúmulos estelares espallados ao través dos ricos campos estelares centrais da nosa galaxia. Comezando pola esquerda, procura as nebulosas da Laga e a Trífida, a Gadoupa de Gato, mentres na dereita localízase a nebulosa escura da Pipa e as coloridas nubes de Rho Ophiuchi e Antares (dereita). O centro real da nosa Galaxia atópase a uns 26.000 anos luz de distancia e pode encontrarse aquí.