En primeira fila con Titán e Dione

Créditos: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA

Explicación: orbitando no plano dos aneis de Saturno, as lúas saturnianas teñen unha vista de primeira fila perpetua do marabilloso planeta xigante gasoso. Por suposto, mentres pasa preto do plano do anel a sonda espacial Cassini tamén comparte a súa impresionante perspectiva. Os propios aneis poder verse cortando polo medio desta fotografía da Cassini desde maio do ano pasado. A escena amosa a Titán, a máis grande, e a Dione, a terceira lúa máis grande de Saturno. Incriblemente finos, os brillantes aneis aínda proxectan sombras curvas ao través das nubes altas do planeta no fondo do fotograma. A esbrancuxada Dione ten uns 1.100 quilómetros de diámetro e orbita a uns 300.000 quilómetros do bordo visible do anel A. Dione óllase ao través da Dione bruma atmosférica de Titán. Con 5.150 quilómetros de diámetro, Titán está a uns 2,3 millóns de quilómetroe de distancia da Cassini, mentres Dione está a 3,2 millóns de quilómetros.

Texto orixinal no APOD.