Créditos da imaxe e copyright: Dietmar Hager, Torsten GrossmannExplicación: á espreita por tras do po e as estrelas preto do plano da nosa galaxia, a
Vía Láctea,
IC 10 está a tan só 2,3 millóns de anos luz de distancia. Aínda que a súa luz se ve esmorecida polo po interposto, na galaxia anana irregular todavía salientan zonas de formación estelar vigorosa que brillan cun brillo avermellado
revelador nesta
paisaxe celeste chea de cor. De feito, IC 10, tamén membro do Grupo Local de galaxias, é a
galaxia de estalido estelar máis achegada coñecida. Comparada con outras galaxias do
Grupo Local, IC 10 ten unha gran poboación de estrelas formadas recentemente que son masivas e intrinsecamente moi brillantes, incluíndo un sistema estelar binario luminoso en
raios X que se pensa contén un
burato negro. Localizado nos límites na constelación setentrional de
Cassiopeia, IC 10 ten uns 5.000 anos luz de diámetro.
Texto orixinal no APOD.