Aurora a ceo completo sobre Noruega


Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer
Explicación: máis alto que o máis alto edificio, máis alto que a máis alta montaña, máis alto que o máis alto avión, xace o dominio da aurora. As auroras rara vez chegan por baixo dos 60 quilómetros e poden extenderse ata os 1.000 quilómetros. A luz da aurora resulta dos electróns e protóns enerxéticos que golpean as moléculas da atmosfera da Terra. A miúdo, canso de miran desde o espazo, unha aurora completa aparecerá como un círculo ao redor dun dos polos magnéticos da Terra. A imaxe superior en gran angular, comprimida horizontalmente, captou unha unha disposición abraiante da aurora que se estiraba ao través do ceo hai un mes sobre o leste de Noruega.

Texto orixinal no APOD.