Atopa a Lúa

Créditos da imaxe e copyright: Jimmy Westlake (Colorado Mountain College)

Explicación: onde está a Lúa chea? A lúa da Terra agóchase nalgún lugar desta imaxe. A Lúa completa é visible, na súa fase completa, a simple vista. Mesmo o ollo do fotógrafo non podería atopala aínda que sabía con exactitude onde buscala: unha longa exposición da súa cámara foi o único xeito de captala, e a duras penas. Se ben agora podes felicitarte por atopala, por que resulta tan difícil facelo? Por unha razón: esta fotografía foi tirada durante a eclipse lunar total do mes pasado, cando a sombra da Terra fixo a Lúa máis potente que unha Lúa chea normal. Ademáis, a imaxe, tirada en Colorado, USA, foi capada xusto 12 minutos antes do amencer. Coa Lúa no lado exactamente oposto do ceo respecto do Sol significou que o Sol estaba xusto por debaixo do horizonte, pero xa iluminaba lixeiramente o ceo. Por último, como a Lúa estaba só a uns dous graos sobre o horizonte o gran volume de aire entre a cámara e o horizonte dispersou unha gran cantidade de luz procedente da Lúa. Doce minutos despois de tomarse esta imaxe o Sol asomouse no horizonte e a Lúa ocultouse.

Texto orixinal no APOD.