Explicación: a 100 metros do ancoradoiro de carga da lanzadeira espacial Challenger, Bruce McCandless II foi máis lonxe que ninguén con anterioridade. O astronauta McCandless, fotografado enriba, estivo flotando libre no espazo guiado pola Manned Maneuvering Unit (MMU, Unidade de maniobra tripulada). McCandless e o astronauta da NASA e compañeiro Robert Stewart foron os primeiros en experimentar un ”paseo espacial sen amarre” en 1984 durante a misión 41-B da lanzadeira espacial. O MMU funciona mediante foguetes de propulsión de nitróxeno e dende entón foi empregado para despregar e recuperar satélites. Con unha masa de 140 kilos, un MMU é pesado na Terra, pero, como todas as cousas, cerece de peso cando está en órbita. A MMU foi sustituída pola unidade de propulsión SAFER.

Esta foto decoró mi habitación en los años 80s. Era un póster de buen tamaño que venia con la revista ”ALGO 2000 “ una estupenda revista que terminó desapareciendo.
Foto inspiradora de sueños.
Saúdos.
Gústache ou non?:
0
0
Tes razón, é unha desas fotos inspiradoras. Feliz ano.
Gústache ou non?:
0
0
Feliz ano 2012!
Se ben en astronomía en particular e en ciencia en xeral o ano que entra anúnciase cheo de temas interesantes, a nivel social e económico creo que nos tocará resistir.
Non levamos aínda un ano completo con este servizo de tradución do APOD da NASA, que cumpriremos na primavera. Pero a modo de pequena reflexión, algúns datos, modestos iso si, desta web. A día de hoxe:
).
- Case 20.000 visitas 8-9 meses de actividade.
- A media diaria oscila entre 50 e 100 visitas. Hoxe xa levamos 103.
- Unha media de dous comentarios ao día… que está claro que aínda non chegamos ao nivel do foro Asterisk do APOD orixinal, ou do Observatorio.info (a versión en castelán).
- Non fallamos nin un só día coa tradución. Aínda que algunha vez saíse un pouco tarde.
- 3 tradutores activos (e precisamos máis, así que anímate
- 266 artigos traducidos, algúns son máis antigos que aparecen ligados na foto diaria.
E, evidentemente, todo gracias a vós. Para este ano, os nosos deberes:
- Aumentar a difusión do APOD galego.
- Mellorar a coordinación don FaceBook.
- Abrir Twitter.
- Conseguir unha plantilla de WordPress que nos convenza de todo e traducila ao galego (algún informático na sala? ).
- …
Saúdos.
Gústache ou non?:
1
0