Voar ceibe no espazo

Créditos: STS-41B, NASA

Explicación: a 100 metros do ancoradoiro de carga da lanzadeira espacial Challenger, Bruce McCandless II foi máis lonxe que ninguén con anterioridade. O astronauta McCandless, fotografado enriba, estivo flotando libre no espazo guiado pola Manned Maneuvering Unit (MMU, Unidade de maniobra tripulada). McCandless e o astronauta da NASA e compañeiro Robert Stewart foron os primeiros en experimentar un ”paseo espacial sen amarre” en 1984 durante a misión 41-B da lanzadeira espacial. O MMU funciona mediante foguetes de propulsión de nitróxeno e dende entón foi empregado para despregar e recuperar satélites. Con unha masa de 140 kilos, un MMU é pesado na Terra, pero, como todas as cousas, cerece de peso cando está en órbita. A MMU foi sustituída pola unidade de propulsión SAFER.

Texto orixinal no APOD.