
Créditos: ESO/VISTA/J. Emerson; Agradecementos: Cambridge Astronomical Survey UnitExplicación: parecerase o noso
Sol a isto algún día? A
Nebulosa da Hélice é un dos exemplos máis brillantes e achegados dunha
nebulosa planetaria, unha
nube de gas creada ao final da vida dunha estrela de tipo solar. Os gases máis externos da estrela
expulsados ao espazo semellan desde o noso avantaxado punto de vista como se estivesemos a ollar cara unha
hélice. O remanente do núcleo estelar central, destinado a converterse nunha
estrela anana branca, brilla cunha luz tan
enerxética que provoca que o gas previamente expelido
emita fluorescencia. A
Nebulosa da Hélice recebe a denominación técnica de
NGC 7293, atópase a uns 700
anos luz de distancia cara a
constelación do Carrexador de Auga (
Acuario) e abrangue uns 2,5 anos luz. A
imaxe superior realizouse en tres cores en
luz infravermella mediante o
Visible and Infrared Survey Telescope for Astronomy (VISTA ou Telescopio de Exploración Infravermella e Visible para a Astronomía) de 4,1 metros no
Observatorio Paranal do
Observatorio Europeo Austral (ESO), en
Chile. Un
primeiro plano do
bordo máis interno da
Nebulosa da Hélice amosa complexos nós de gas de
orixe descoñecida.
Texto orixinal no APOD.