O cometa Lovejoy e a ISS

Créditos da imaxe: esquerda – Carlos Caccia (Intendente Alvear, Argentina) / dereita – Dan Burbank (ISS Expedition 30, NASA)

Explicación: o 24 de decembro o cometa Lovejoy alzouse na penumbra da alborada e arqueouse sobre o horizonte oriental mentres a súa cola se extendía por mor do vento e a luz solar. Á esquerda óllaseaparición do cometa na alborada, xunto á Vía Láctea, dende o sur da cidade de Intendente Alvear, na provincia de La Pampa, Arxentina. Entre as pequenas pegadas estelares están as brillantes estrelas do ceo meridional Alfa e Beta Centauri, preto do centro da imaxe. Pero a longa e brillante liña que cruza a cola do cometa atópase un pouco máis preto de casa. Agardando polo momento adecuado para iniciar a exposición, o fotógrafo también captou a Estación Espacial Internacional que aínda brillaba pola luz solar ao orbitar (de enriba a abaixo) sobre o horizonte local. A imaxe da dereita é a visión do cometa Lovejoy captada desde a mesma Estación Espacial só dous días antes. De feito, Dan Burbank, o comandante da Expedición 30, tirouna despegando xusto antes da saída do Sol nun vídeo espectacular. A pesar das outras vistas disponibles captadas dende a órbita terrestre baixa, Burbank describe o cometa como “o máis sorprendente que nunca vira no espacio.”

Texto orixinal no APOD.