A cea no centro da galaxia

Créditos da ilustración: ESO/MPE/Marc Schartmann

 

Explicación: o monstro no centro da nosa Galaxia está a piques de ser alimentadoObservacións recentes feitas polo Very Large Telescope (Telescopio Moi Grande) indican que unha nube de gas aventurarase demasiado preto do burato negro supermasivo do centro galáctico. A nube de gas está a ser perturbada, estirada, quecida e parte dela agárdase que caia ao interior do burato negro durante os vindeiros dous anos. Nesta ilustración artística, o que queda da burbulla tralo paso cercano polo burato negro amósase en vermello e amarello, creando un arco cara fóra da mortal trampa gravitatoria á súa dereita. A órbita da nube aparece en vermello, mentres as órbitas das estrelas centrais se amosan en azul. Estímase que a nebulosa atrapada contén varias veces a masa da nosa Terra, mentres o burato negro central, que se pensa corresponde á fonte de radio Sagittariaus A*, contén unhas catro millóns de veces a masa do noso Sol. Unha vez que caia ao interior, non se agarda escoitar nada do gas condenado nunca xamais.

Texto orixinal no APOD.