Conxunción no solpor


Créditos da imaxe e copyrightStefano De Rosa

Explicación: mentres o Cometa Lovejoy entretía a primeira hora da mañá aos madrugadores no hemisferio meridional, unha encantadora conxunción dunha nova Lúa crecente e Venus enfeitaban os ceos occidentais no solpor. Captada o 26 de decembro a conxunción, coas fermosas cores do crepúsculo por arriba e por debaixo, vese aquí sobre o lago Viverone preto de Turín, Italia. Pero se estiveches ao aire libre ultimamente gozando dos solpores do planeta Terra, entón probablemente observaches a Venus baixo no oeste como a brillante estrela verpertina da tempada. Ás veces confundida cunha luz terrestre preto do horizonte, Venus é a terceira almenara celeste máis brillante, tralo Sol e a Lúa. Esa distinción é parcitularmente doada de apreciar nesta tranquila escena.

Texto orixinal no APOD.