O Cometa Lovejoy sobre Paranal

Créditos da imaxe e copyrightGuillaume Blanchard
Explicación: o Cometa Lovejoy (C/2011 W3) sobreviviu ao seu encontro próximo co Sol a comezos deste mes, collendo o seu lugar entre as marabillas dos ceos meridionais xusto a tempo para o Nadal. Visible aquí antes do mencer desde o Observatorio do Paranal de Chile, as colas do cometa rasante do Sol despréganse lonxe sobre o horizonte leste. Abarcando uns 20 graos aparecen ao carón do plano da nosa galaxia da Vía Láctea. Un espectáculo impresionante por si mesmo, o Lovejoy actúa nesta escena celeste coas nebulosas e estrelas meridionais, incluíndo as nubes de Magallanes Grande e Pequena á dereita da cúpula do telescopio, e o brillo da luz zodiacal ao longo do bordo esquerdo do cadro. Coas unidades do Telescopio Moi Grande do Paranal no primeiro plano, esta escena de gran angular captouse o 23 de decembro. Alonxándose do Sol, as colas do Cometa Lovejoy continuaron a medrar en lonxitude incluso mentres o cometa esmorece.

Texto orixinal no APOD.