M27: a Nebulosa Dumbbell


Créditos da imaxe e copyright: Bill Snyder (Bill Snyder Photography)
Explicación: a primeira pista de en que se converterá o noso Sol descubriuse inadvertidamente en 1764. Nese momento, Charles Messier estaba a recompilar unha listaxe de obxectos difusos para non confundilos con cometas. O obxecto vixésimo sétimo da lista Messier, agora coñecido como  M27 ou a Nebulosa Dumbbell, é unha nebulosa planetaria, a clase de nebulosa que producirá o noso Sol cando se deteña a fusión nclear no seu núcleo. M27 é unha das nebulosa planetarias máis brillantes do ceo e pode verse cara a constelación da Raposa (Vulpecula) con binoculares. Á luz lévalle uns 1.000 anos chegar a nós desde M27, amosada arriba en cores emitidos polo hidróxeno e o osíxeno. Comprender a física e a significación de M27 levou ben máis alá da ciencia do século XVIII. Incluso hoxe, moitas cousas parecen ficar misteriosas sobre as nebulosas planetarias bipolares como M27, incluíndo o mecanismo físico que expulsa a envoltura gasosa máis externa dunha estrela de baixa masa, deixando unha anana branca quente en raios X.

Texto orixinal no APOD.