Un embravecido sistema tormentoso en Saturno

 
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: é unha das maiores e máis longas tormentas en activo rexistradas xamais no noso sistema solar. Ollada por primeira vez o pasado ano, a formación nubosa de enriba, no hemisferio norte de Saturno, comezou sendo máis grande que a Terra e pronto se espallou polo planeta ao completo. A tormenta foi monitorizada non só dende a Terra, se non moi de preto pola sonda Cassini, que actualmente orbita Saturno. Fotografada enriba en falsa cor infravermella, as laranxas indican nubes profundas na atmosfera, mentres as cores claras sinalan nubes máis altas. Os aneis de Saturno óllanse case de canto como unha delgada liñan azul horizontal. As bandas escuras e curvas son as sobras dos aneis que proxectan nas nubes máis altas o Sol dende a parte superior esquerda da fotografía. A intensa tormenta, fonte de ruído de radio procedente dos raios, podería estar relacionada con cambios estacionais, como a primavera que lentamente emerxe no norte de Saturno.

Texto orixinal no APOD.