M1: a nebulosa do cangrexo vista dende o Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, J. Hester, A. Loll (ASU); Agradecementos: Davide De Martin (Skyfactory)

Explicación: Esta é a desfeita que queda cando unha estrela estoupa. A nebulosa do Cangrexo, resultado dunha supernova ollada no ano 1054, está chea de misteriosos filaments. Os filamentos non son soamente enormemente complexos, se non que semellan ter unha velocidade maior do esperado para ser unha explosión libre. A imaxe superior, tomada polo telescopio espacial Hubble, preséntase en tres cores elixidos polo seu interese científico. A nebulosa do Cangrexo abrangue preto de 10 anos luz. No centro da nebulosa atópase un pulsar: unha estrela de neutróns tan masivo como o Sol pero do tamaño dunha pequena cidade. O pulsar do Cangrexo rota 30 veces cada segundo.

Texto orixinal no APOD.