Lúa eclipsada pola mañá

Créditos da imaxe e copyright: Roger N. Clark

Explicación: a eclipse lunar de decembro adornou os ceos da mañanciña sobre as Montañas Rochosas de Colorado, Estados Unidos. Aquí, a escena invernal  sorprende a Lúa nun frío ceo crepuscular azul preto do horizonte occidental sobre a Divisoria Continental de Norte América. Preto de 22 minutos despois do solpor o disco vermello da Lúa está case totalmente inmerso na sombra escura da Terra. Esta espectacular Lúa sobre as Rochosas durou ata a fase de eclipse total. Mais todas as etapas do xeocéntrico evento celeste olláronse dende rexións do Pacífico, Asia e Australia, incluíndo os 51 minutos completos, e partes do remate da eclipse de 2011 repartíronse polos ceos ao longo de boa parte do planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.