NGC 7600, galaxia de capas

 
Créditos da imaxe e copyrightKen Crawford (Rancho Del Sol Observatory)
Colaboración: Andrew Cooper (MPA), Carlos Frenk, John Helly, Shaun Cole (Institute for Computational Cosmology),
David Martínez-Delgado (MPIA), Star Stream Pilot Survey Group
Explicación: semellante á Vía Láctea en tamaño, a galaxia elíptica NGC 7600 está a uns 160 millóns de anos luz de distancia. Nesta imaxe profunda, que abarca máis ou menos medio grao do ceo cara a constelación de Acuario, NGC 7600 amosa un destacable  halo exterior de capas aniñadas e grandes estruturas circungalácticas. Os rasgos abraiantes poden explicarse pola acreción de materia escura e estrelas nunha escala cósmica. De feito, unha película xerada pola simulación da formación da galaxia empregando un modelo cosmolóxico con materia escura fría para os halos de galaxias en fusión reproduce a aparencia de NGC 7600 nun detalle abraiante. A extraordinaria simulación está dispoñible aquí en Vimeo e aquí noutros formatos. Presenta evidencias convincentes de que as características detalladas das fusiós galácticas observadas con pequenos telescopios de amplo campo desde o planeta Terra, son consecuencia natural da formación galáctica e das propiedades fundamentais da materia escura.

Texto orixinal no APOD.