Ao través dun túnel de Sol

 
Créditos da imaxe e copyrightArne Erisoty
Explicación: hoxe, o Sol fica quedo ás 05:30 TU. Detendo a súa marcha regular cara declinaciones meridionais e comezando a súa viaxe anual ao norte, o acontecemento coñécese coma un solsticio. No hemisferio setentrional o solsticio de decembro marca o comezo astronómico do inverno. E, se te atopas no Great Basin Desert ás aforas de Lucin, Utah (EUA), preto das datas do solsticio podes ollar o Sol erguéndose e poñéndose ao través de Túneles do Sol. Unha obra monumental da artista Nancy Holt, os Túneles do Sol están construídos con catro tubos de formigón de 9 pés (2,7 m) de diámetro por 18 pés (5,5 m) de longo. Os túneles están colocados nunha ampla X para acadar os aliñamentos do solpor e o mencer solsticiais. Nesta espectacular instantánea ao través dun Túnel do Sol este está xusto no horizonte. O solpor, frío e anubrado, sucedía preto do solsticio do inverno de 2010. Durante as horas do día, os buratos nas caras dos tubos están colocados para proxectar manchas de luz solar nas súas paredes interiores, formando un mapa das estrelas principais das constelacións do Dragón, Perseo, Pomba e Capricornio. Afeccionados do Land Art e as paisaxes celestes deberían notar que os Túneles do Sol están a unhas 150 millas (241 km) en coche desde a Espiral Jetty de Robert Smithson (o derradeiro marido de Holt).

Texto orixinal no APOD.