NGC 253: a Galaxia Escultor

Créditos da imaxe e copyright: Angus Lau
Explicación: NGC 253 non é só unha das galaxia espirais visibles máis brillantes, tamén é unha das máis poeirentas. Descuberta en 1783 por Caroline Herschel na constelación do EsculptorNGC 253 atópase a só uns dez millóns de anos luz de distancia. NGC 253 é un dos ingrantes máis grandes do Grupo Escultor de Galaxias, o grupo máis achegado ao noso propio Grupo Local de Galaxias. O po denso e escuro acompaña unha gran taxa de formación de estrelas, dándolle a NGC 253 a denominación de galaxia de estalido estelar. Na fotografía superior está visible o activo núcleo central, tamén coñecido por ser unha fonte brillante de raios X e raios gamma.

Texto orixinal no APOD.