Un meteoro das xemínidas sobre Irán

Créditos e copyright: Arman Golestaneh

Explicación: algunhas cousas fermosas comenzan como grans de area. Atrapado nunha ostra, un gránulo crece até formar una pérola iridiscente, brillante e bela á vista. Mentres pasa voando a toda velocidade a través da atmósfera a 35 quilómetros por segundo unha xenerosa area cósmica convértese sobrecolledor e inspirado meteoro, coa súa efímera fermosura despregada para calquera que teña o coidado de mirala. Este ano a choiva de meteoros das Gemínidas tivo o seu pico a semana pasada, contando os entusiastas do ceo ata 150 meteoros por hora, a pesar do ruído do brillante luar. Fotografado enriba, no volcán Taftan no suroeste de Irán, un meteoro racha o ceo entre a brillante estrela Sirius á esquerda, e a coñecida constelación de Orión, no centro da imaxe. Os observadores do ceo esperan ollar nos vindeiros anos unhas xemínidas que teñan o seu máximo durante una Lúa nova que non as oculte.

Texto orixinal no APOD.