Pegadas do Higgs no gran colisor de hadróns

Créditos e copyright: Maximilien Brice, CERN

Explicación: por que os obxectos teñen masa? Para axudar a averigualo o CERN de Europa construiu o Large Hadron Collider (LHC, gran colisor de hadróns), o acelerador de partículas máis potente creado até agora polos seres humanos. Dende 2008, o LHC bateu protóns uns cos outros con velocidades de impacto sen precedentes. O LHC está investigando a teoría máis aceptada segundo a cal a masa xorde dende as partículas ordinarias que penetran a través dun campo invisible, mais ubicuo, de partículas virtuais de Higgs. O mecanismo Higgs de creación de masa verase reforzado se as partículas de alta enerxía que crean bosóns de Higgs reais. A semana pasada dous grupos do LHC informaron a cerca de probas preliminares que demostran que o bosón de Higgs podería existir a uns 120 GeV de masa. Os datos das colisións do LHC tamén son analizados na procura de micro buratos negros, monopolos magnéticos, e examinan a posibilidade de que cada tipo de partícula fundamental que coñecemos teña unha parella supersimétrica case invisible. Ti podes axudar (o proxecto LHC@Home permite a calquera con un ordenador axudar aos científicos do LHC buscar os datos do LHC deses estranos animais. Fotografado enriba, unha persoa está detida diante do xigantesco detector ATLAS, un dos seis detectores conectados ao LHC.

Texto orixinal no APOD.