O cometa Lovejoy: un supervivente que rasou o Sol

Créditos: LASCO, SOHO Consortium, NRL, ESA, NASA

Explicación: como a maioría dos cometas que pasan rabuñando o Sol, non se esperaba que o cometa Lovejoy (C/2011 W3) sobrevivira á súa cercana cita co Sol. Pero ocurreu. Esta imaxe procedente do coronógrafo a bordo do observatorio permanente do Sol SOHO permite identificar os restos de entrada da cola coincidindo coa saída da brillante cabeza, ou ‘coma’, emerxendo do resplandor solar, o 16 de decembro. A posición do Sol aparece sinalado cun círculo branco tras un disco de ocultación que tapa o seu forte resplandor. Separado da súa cola, a cabeza do cometa Lovejoy é tan brillante que satura os píxeles da cámara, provocando esas liñas horizontais. A partires das súas órbitas pénsase que os cometas que gaduñan o Sol proceden da familia de cometas Kreutz, xerados polas sucesivas roturas dun cometa pai que pasou preto do Sol no século XII. A maioría foron descubertos polas cámaras do SOHO, pero ao contrario que a maioría dos cometas rasantes, este foi detectado por primeira vez dende un observatorio terrestre polo astrónomo autraliano Terry Lovejoy. Estímase que o cometa Lovejoy penetrou ata uns 120.000 quilómetros de distancia da superficie solar, e probablemente sobreviviu ao intenso paso polo perihelio unha parte importante do seu núcleo. Pódense atopar aquí uns salientables videos do Solar Dynamics Observatory.

Texto orixinal no APOD.