Lúa vermella erguéndose

 
Créditos da imaxe e copyrightOshin Zakarian (TWAN)
Explicación: esta escena invernal e surrealista é unha imaxe composta gravada o 10 de decembro mentres a Lúa se erguía por tras das montañas Zagros de Irán. Unha eclipse total lunar xa estaba en progresión. A imaxe combina case 500 fotogramas sucesivas realizadas durante 1,5 horas comezando no crepúsculo mentres a Lúa eclipsada ascendía a ritmo constante por riba da paisaxe escarpada. O disco lunar tinguido de vermello e o solpor azul intenso dan lugar a un contraste rechamante, aínda que as cores contrastadas teñen a mesma causa fundamental. A Lúa eclipsada é vermella debido a que a sombra umbral da Terra se tingue cunha feble luz vermella. A iluminación avermellada é a de todos os solpores e menceres colorados, tal e como se ve desde unha perspectiva lunar. Pero os solpores e menceres son colorados debido a que a atmosfera da Terra difunde a luz azul con máis forza que a vermella, creando o brillo tenue e azul crepuscular.

Texto orixinal no APOD.