A umbra da Terra

 
Créditos da imase e copyrightWang, Letian
Explicación: a sombra escura e máis interior do planeta Terra denomínase a umbra. Con forma de cono que se estende no espazo, ten unha sección circular que se ve máis facilmente durante unha eclipse lunar. Por exemplo, o pasado sábado a Lúa chea deslizouse ao través da metade meridional da sombra umbral da Terra, entretendo aos observadores lunares ao redor de gran parte do planeta. Na fase total da eclipse, a Lúa estivo completamente no interior da umbra durante 51 minutos. Gravada desde Beijing, China, esta imaxe composta da eclipse emprega fotografías sucesivas das fases total (centro) e parcial para trazar unha gran parte do límite curvo da umbra. Óllanse no fondo as estrelas durante as fases máis escuras da eclipse. O resultado amosa o tamaño relativo da sección transversal da sombra á distancia da Lúa, así como a ruta da Lúa ao través da umbra da Terra.

Texto orixinal no APOD.