Unha eclipse lunar sobre un pagode da paz indio


Créditos da imaxe e copyright: Chander Devgun (SPACE)
Explicación: a nosa Lúa volveuse vermella a semana pasada. A razón era que durante o 10 de decembro aconteceu unha eclipse lunar total. O mosaico superior, sobreposto dixitalmente, capturou á Lúa moitas veces durante a eclipse, desde antes de que a Lúa entrara na sombra da Terra ata despois de que saíse. A secuencia de imaxes foi gravada sobre a  Pagoda da Paz de Shanti Stupa, preto do centro de Nova Delhi (India). A tinguidura vermella da Lúa eclipsada foi creada pola luz solar que pasaba de primeiras ao través da atmósfera da Terra, que difunde de forma preferente a luz azul (o que provoca o azul celeste) pero deixa pasar e refracta a luz vermella, antes de que se reflectira contra a Lúa. Cantidades dispares de nubes e po volcánico na atmosfera terrestre fan que cada eclipse lunar se amose diferente. A próxima eclipse total lunar non ocorrerá ata 2014.

Texto orixinal no APOD.