Na veciñanza da Nebulosa do Cono

 
Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet)
Explicación: formas e texturas estrañas poden atoparse na veciñanza da Nebulosa do Cono. As formas pouco comúns orixínanse a partires do miúdo po interestelar que reacciona de xeito complexo coa potente luz e o gas quente que está a ser expulsado por estrelas mozas. A estrela máis brillante da dereita na imaxe superior é S Mon, mentres que a zona xusto por baixo dela foi alcumada como a Nebulosa Pel de Raposo pola súa cor e estrutura. O brillo azul que arrodea directamente a S Mon resulta da reflexión, onde o po próximo reflicte a luz procedente da estrela brillante. O brillo vermello que abarca toda a rexión non se ocasiona só polo reflexión do pó, tamén da emisión desde o gas hidróxeno que foi ionizado pola luz estelar. S Mon forma parte dun cúmulo de estrelas novo e aberto denominado NGC 2264, ubicado a uns 2.500 anos luz de distancia cara a constelación do Unicornio (Monoceros). A orixe da misteriosa e xeométrica Nebulosa do Cono, visible no extremo esquerdo, segue a ser un misterio.

Texto orixinal no APOD.