Unha inusual veta de rocha depositada en Marte




Créditos da imaxe: Mars Exploration Rover Mission, NASA, JPL, Cornell; Procesamente da imaxe: Kenneth Kremer, Marco Di Lorenzo

 

Explicación: que pudo crear esta inusual veta de rocha en Marte? A hipótese principal é que esta delgada capa de rocha chamada “Homestake” foi depositada por una corrente fluida, ao igual que moitas vetas minerais aquí na Terra. E o líquido en torrenteira escollido é a auga. Polo tanto, esta raia mineral, rica en calcio e sulfuro, é a última do crecente corpo de evidencias acerca de que parte de Marte tivo un pasado acuático. E, á súa vez, aumenta as especulacións sobre un Marte que pudo hospedar vida. A fotografía de enriba é unha panorámica tirada preto do bordo occidental do cráter Endeavour polo rover Opportunity, que actualmente explora Marte. A imaxe inserida mostra un primeiro plano da veta recentemente descuberta.

Texto orixinal no APOD.