Á procura de meteoritos na Antártida

Créditos da imaxe e copyright: Ralph P. Harvey (CWRU), Antarctic Search for Meteorites Program, NASA, NSF

Explicación: cal é o millor lugar para atopar meteoritos? Se ben os meteoros caen en todo o mundo, habitualmente mergúllanse ata o fondo do océano, entérranse por causa da variación do terreo ou confúndense con rochas terrestre. No extremo da Terra, no leste da Antártida, enormes laxas de xeo azul permanecen puras e estériles. Se son atravesadas lonxitudinalmente, aparecerá chantada unha rocha escura. Esas rochas teñen unha alta probabilidade de ser verdadeiros meteoritos, como obxectos doutro mundo. Unha explosión ou un impacto poderían ter catapultado eses meteoritos dende a Lúa, Marte, ou incluso dende un asteroide, ofrecendo unha valiosa información sobre eses mundos distantes e sobre os inicios do sistema solar. Centos deles foron atopados por pequenos equipos de exploradores en motoneve. Fotografados enriba, os exploradores inspeccionan un campo a 25 quilómetros do macizo de Otway, nos Montes Transantárticos durante o verán antártico de 1995-1996. Esta semana será o 100 aniversario da chegada dos seres humanos ao polo sur da Terra.

Texto orixinal no APOD.