Rocas de Vesta


Créditos da imaxe: NASA / JPL-Caltech / Hap McSween (Univ. Tennessee), A. Beck and T. McCoy (Smithsonian Inst.)
Explicación: estas imaxes cheas de cor son talladas finas de meteoritos vistos ao través dun microscopio de polarización. Parte dun grupo clasificado como meteoritos HED polo seu contido mineral (Howardita, Eucrita, Dioxenita), probablemente caeron á Terra desde 4 Vesta, o asteroide do cinto principal que está a ser explorado na actualidade pola nave espacial Dawn da NASA. Por que se cre que son de Vesta? Porque os meteoritos HED teñen un espectro no visible e no infravermello que coincide co espectro dese pequeno mundo. A hipótese da súa orixe en Vesta tamén é consistente cos datos das observacións en curso da Dawn. As dioxenitas, escavadas por impactos, amosan aquí a súa posible orixe nas profundidades da corteza de Vesta. Tamén se atoparon rocas semellantes na parte inferior da corteza do planeta Terra. Unha escala da mostra indícase coas barras brancas, cada unha de 2 milímetros de longa.

Texto orixinal no APOD.