A Lúa eclipsada pola mañá

 
Créditos da imaxe e copyrightBabak Tafreshi (TWAN)
Explicación: mañá, 10 de decembro, a Lúa chea deslizarase ao través da sombra do planeta Terra nunha eclipse lunar total. A secuencia completa da eclipse, incluíndo 51 minutos da totalidade, será visible deste Asia e Australia, pero os observadores lunares de Europa e África perderanse o comezo da fase parcial porque para eles a eclipse comezará antes da saída da Lúa. Na Norteamérica central e occidental as primeiras fases da eclipse estarán avanzadas mentres a Lúa se pon. De feito, mentres os do leste o perderán, os norteamericanos do extremo oeste poderían ollar unha escena moi similar a esta, cunha Lúa baixa e eclipsada na súa maior parte e preto do horizonte  occidental durante o crepúsculo da mañá. Esta imaxe do crepúsculo matinal  doutra eclipse lunar chegando á súa fase total na posta da Lúa foi captada o 21 de febreiro de 2008, desde as montañas Zagros en Irán.

Horario da eclipse lunar e visibilidade: diagrama (pdf) | calculadora

Texto orixinal no APOD.