Sh2-239: ‘impasto’ celeste

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Universidade de Arizona

Explicación*:  o cósmico pincel de formación estelar compuxo esta sedutora mistura de poeira e nebulosas escuras. Catalogada como Sh2-239 e LDN 1551, a rexión está preto do extremo sur do complexo da nube molecular de Taurus, a 450 anos luz de distancia. Abranguindo preto de 3 anos luz, no lenzo abundan os sinais de xoves obxectos estelares inseridos que expulsan fluídos dinámicos ás inmediacións. Preto do centro do encadre aparece unha compacta e reveladora torrenteira de hidróxeno gasoso impactado non lonxe da posición que ocupa a fonte de raios infravermellos IRS5, coñecida por ser un sistema de protoestrelas rodeadas por discos de poeira. Xusto embaixo atópanse as amplas e brillantes ás de HH 102, unha das moitas rexións de obxectos Herbig-Haro, nebulosas asociadas con estrelas recén nadas. As estimacións indican que a rexión de formación estelar LDN 1551 contén unha suma de materia equivalente a preto de 50 veces a masa do Sol.

* N. do t.: o impasto é unha técnica artística que consiste en aplicar con espátula, pincel ou calquera outra ferramenta grandes cantidades de pintura sobre unha superficie.

Texto orixinal no APOD.