Kepler 22b: unha case Terra orbitando un case Sol


Créditos da ilustración: NASA / Ames / JPL-Caltech
Explicación: é o máis parecido á Terra que nunca antes foi atopado. O planeta Kepler 22b, recentemente descuberto, converteuse de xeito instantáneo no mellor lugar para atopar vida no exterior do noso Sistema Solar. A estrela que aloxa ao planeta, Kepler 22, realmente é lixeiramente máis pequena e fría có Sol e atópase a 600 anos luz desde a Terra cara a constelación do Cisne (Cygnus). O planeta, Kepler 22b, ten unhas dúas veces o radio da Terra e orbita lixeiramente máis achegado, pero descansa na zona habitable onde podería existir auga líquida na superficie. Na imaxe superior hai unha representación artísticas de como podería aparecer Kepler 22b ante unha nave espacial aproximándose, en comparación cos planetas máis interiores do noso Sistema Solar. Se realmente Kepler 22b contén auga ou vida descoñécese na actualidade. Porén, un proxecto SETI vai comezar a esculcar Kepler 22b na procura de sinais de intelixencia.

Texto orixinal no APOD.