Película da rotación de Xúpiter desde Pic du Midi

[vimeo clip_id=31747706 width=900 height=675]

Créditos da imaxe e copyright: S2P / IMCCE / OPM / JL Dauvergne et al.

Explicación: olla a elegante volta do planeta máis grande do Sistema Solar. Moitas características interesantes da enigmática atmosfera de Xúpiter, incluíndo as bandas escuras e as rexións claras, poden seguirse polo miúdo. Unha inspección coidadosa desvelará que as nubes centrais rotan lixeiramente máis rápido que as nubes preto dos polos. A famosa Gran Mancha Vermella é visible ao comezo pero pronto rota fóra da imaxe, voltando só preto do final da película. Outros sistemas de tormentas máis pequenos aparecen de cando en vez. Tan grande como é Xúpiter, rota en só 10 horas. A nosa pequena Terra, en comparación, tarda 24 horas en completar un ciclo de xiro. A película de enriba en time lapse de alta resolución foi captada durante o ano pasado polo Telescopio de un metro do Observatorio Pic du Midi nos Pirineos franceses. Como os gases de hidróxeno e helio son incoloros e eses elementos compoñen a maior parte da ampla atmosfera de Xúpiter, aínda se descoñece que vestixios crean as cores observadas das nubes de Xúpiter.

Texto orixinal no APOD.