Unha memorable aurora polar sobre Noruega


Créditos da imaxe e copyright: Ole Christian Salomonsen

Explicación: foi unha das máis memorables auroras polares da estación. Houbo luz verde, luz vermella e, ás veces, unha mistura das dúas. Houbo múltiples raios, distintas cortinas e, incluso, unha coroa auroral. A aurora elevouse moito no ceo. No fondo había demasiadas estrelas como para contalas e, en fronte, un amigo tentando tirar unha imaxe da mesma vista. A escena foi capturada cunha lente de ollo de peixe ao redor e por riba de Tromsø, Noruega, o mes pasado. Cun Sol aínda máis activo, o ano que vén podería traer auroras incluso máis espectaculares.

[N. do t.: o termo aurora en inglés tradúcese como ‘aurora polar’ en galego; a expresión habitual ‘aurora boreal’ refire soamente ás auroras polares do hemisferio norte; ás do hemisferio sur son ‘auroras australes’.)

Texto orixinal no APOD.