Ecos de luz dende V838 Mon

Créditos da imaxe: NASA, ESA, H. E. Bond (STScI)

Explicación: por razóns descoñecidas, a superficie externa da estrela V838 Mon expandiuse dun xeito xicantesco co resultado de se converter na estrela máis brillante da Galaxia Vía Láctea en xaneiro de 2002. Entón, tamén de súpeto, desapareceu. Nunca antes fora visto un flash estelar como ese. É verdade que as supernovas e as novas expulsan materia ao espazo. Pero mentres o flash da V838 Mon semella expulsar materia ao espazo, o que se olla nesta imaxe é realmente o movemento aparente do eco de luz do brillante flash. Nun eco de luz, a luz do flash é reflectida sucesivamente en aneis cada vez máis distantes na poeira interestelar ambiental que rodea á estrela. V838 Mon está a preto de 20.000 anos luz de distancia cara á constelación do unicornio (Monoceros). Nesta imaxe do Telescopio Espacial Hubble de febreiro de 2004 o eco ten aproximadamente uns seis anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.

 

 

 

 

 

Image Credit : NASA, ESA, H. E. Bond (STScI) Texto orixinal no APOD.