Como é enriba, é abaixo

Créditos da imaxe e copyright: Boris Štromar

Explicación: unha única longa exposición capturou estas pegadas estelares sobre un mar de nubes sorprendentemente colorido. Tal e como se ollan dende o monte Medvednica, os picos da contorna e as luces iluminando as nubes de embaixo son do norte de Zagreb, Croacia. Preto do centro dos tamén coloridos arcos de estrelas, está o Polo Norte celeste, no bordo superior dereito do cadro. En plena era da cámara dixital, este panorama do ceo tan ben feitiño foi tomado empregando unha película fotográfica coloreada con unha cámara de calidade media. A onírica escena no ceo estrelado e o efímero océano podería ser unha reminiscencia dunha era máis antiga aínda, cando o mar da planicie da Panonia asulagaba esta parte de Europa central, hai uns 10 millóns de anos.

Texto orixinal no APOD.