Eclipse solar sobre a Antártida

Créditos da Imaxe e copyrightCarlos Zelayeta (Estación San Martín, Antártida)
Explicación: o pasado venres, a cuarta e derradeira eclipse parcial solar de 2011 foi só visible desde latitudes elevadas no hemisferio sur. Se o perdiches, comoproba este cadro espectacular do evento xeocéntrico celeste desde unha latitude moi moi meridional do no continante da Antártida. Desde unha cámara ubicada na Estación San Martín (Arxentina) preto da cadea montañosa da península antártica, a imaze mira cara o sur e leste. O Sol mailo disco lunar perfilado óllanse ao través das nubes finas e baixas. Quizais axeitadamente, a pendente montañosa do primeiro plano é parte do máis grande promontorio Romano Catro, denominado pola escarpada faciana cuberta de neve que se asemella ao numeral romano IV. Para o 2011, falta realmente unha eclipse máis por pasar, unha eclipse total de Lúa. Partes desa eclipse son visibles desde a maior parte do planeta Terra (pero non desde a Antártida …o 10 de decembro.

Texto orixinal no APOD.