A Lúa moza encóntrase coa estrela vespertina


Créditos da imaxe e copyrightBenjamim Ribeiro
Explicación: aparecendo agora como a estrela vespertina do planeta Terra, o brillante Venus reloce nos ceos occidentais no crepúsculo. Ficando por riba un horizonte accidentado e cores de solpor cálidos, o faro celeste do crepúsculo  uniuse o pasado sábado a unha Lúa de 35 horas de idade nesta paisaxe marabillosa. O encontro cercano de Venus e a Lúa coñécese coma conxunción. O efímero planeta Mercurio, non visible no fotograma, caeuse dos ceos da tarde, afundíndose no brillo do lusco e fusco por baixo do xoven crecente da Lúa. Esta escena foi captada mentres se facía sendeirismo no Parque Nacional Peneda-Geres, ao noroeste de Portugal.

Texto orixinal no APOD.