
Créditos da imaxe: NASA, ESA e o Hubble Heritage (STScI/AURA) – Colaboración ESA/Hubble; agradecementos: R. O’Connell (U. Virginia)Explicación: un rebumbio fantástico de cúmulos de estrelas mozas e azuis, xigantescas nubes de gas brillante e escuros corredores de
po impoñentes rodean a zona central da
galaxia activa Centaurus A.
Esta imaxe do Telescopio Espacial Hubble foi procesada para presentar un cadro de cor natural deste vórtice cósmico. As
imaxes en infravermello do Hubble tamén amosan que oculto
no centro desta actividade está o que parecen ser discos de materia caendo en espiral ao interior
dun burato negro cunhas mil millóns de veces a masa do Sol. Aparentemente, o propio
Centaurus A é o resultado dunha
colisión de dúas galaxias e os restos sobros están a seren consumidos sen cesar polo
burato negro. Os
astrónomos cren que o
motor central de semellante burato negro xera a
enerxía de radio, raios X e raios gamma radiados por Centaurus A e outras
galaxias activas. Pero para ser unha
galaxia activa,
Centaurus A está preto, a uns simples 10 millóns de
anos luz de distancia, sendo un laboratorio relativamente conveniente para explorar estas
potentes fontes de enerxía.
Texto orixinal no APOD.