Primeiro plano da Nebulosa do Pelícano

Cráditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: a prominente crista  de emisión presentadada nesta intensa paisaxe espacial chámase IC 5067. Parte dunha nebulosa de emisión máis grande e cunha forma inconfundible, chamada popularmente a Nebulosa do Pelícano, a crista abrangue preto de 10 anos luz e segue a curva da cabeza e o pescozo do pelícano cósmico. O primeiro plano da Nebulosa do Pelícano foi realizado a partir do mapa de datos de emisión en banda estreita dos átomos de xofre, hidróxeno e osíxeno representados en cores vermella, verde e azul. As formas fantásticas e escuras que se atopan neste panorama son nubes de gas frío e poeira esculpidas pola enerxética radiación procedente das masivas e quentes estrelas xoves. Sen embargo, dentro das formas escuras tamén están a formarse estrelas. De feito, o par de chorros que emerxen do tentáculo, baixo o centro da imaxe, son signo revelador dunha protoestrela inserida catalogada como Herbig-Haro 555. A Nebulosa do Pelícano, tamén coñecida como IC 5070, atópase preto de 2000 anos luz de distancia. Para atopala, olla para o nordés da brillante estrela Deneb, na voadora constelación de Cygnus [Cisne].

Texto orixinal no APOD.