A vista desde Chajnantor

 
Créditos da imaxe e CopyrightStéphane Guisard (Los Cielos de América), TWAN
Explicación: desde unha altitude duns 5.000 metros, a visión do ceo nocturno desde a Chaira de Chajnantor nos Andes chilenos é impresionante en máis dun xeito. A atmosfera enrarecida do escuro lugar, cun 50 por cento da presión ao nivel do mar aproximadamente, é tamén seco en extremo. Iso convírteo no ideal para o Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA) deseñado para explorar o Universo en lonxitudes de onda unhas 1.000 veces máis grandes que a luz visible. Preto do centro da panorámica, as antenas do ALMA de 7 e 12 metros de diámetro no disco son alumeadas por unha Lúa moza aniñada no arco da Vía Láctea. As configuracións das  antenas de ALMA teñen a intención de acadar unha resolución comparable aos telescopios espaciais funcionando coma un interferómetro. Á esquerda, unha raia du meteoro e as galaxias satélite da Vía Láctea, as Nubes de Magallanes Grande (abaixo) e Pequena adornan a noite.

Texto orixinal no APOD.