W5: piares de formación estelar



Créditos da imaxe e copyright: Lori Allen, Xavier Koenig (Harvard-Smithsonian CfA) et al., JPL-Caltech, NASA

Explicación: Como é que se forman as estrelas? Un estudo da rexión de formación de estrelas chamado W5 feito polo Telescopio Espacial Spitzer, que orbita ao redor do Sol, proporciona pistas claras de que as estrelas masivas preto do centro das cavidades baleiras son máis vellas que as estrelas preto dos bordos. A causa máis probable é que as estrelas máis vellas do centro estan certamente desencadeando a formación das estrelas máis xoves dos bordos. O desencadeamente da formación de estrelas ten lugar cando o gas quente que flúe cara afora comprime o gas frío no interior dos nudos, densos abondo como para contraerse gravitacionalmente en forma de estrelas. Os espectaculares piares quedarlon evaporándose lentamente a partires do gas quente expulsado, proporcionando aínda más probas visuáis. Na imaxe infravermella de enriba, recoloreada científicamente, o vermello indica quente, e o branco e o verde sinalan nubes de gas quente particularmente densas. W5 é tamén coñecida como IC 1848, e xunto con IC 1805 forman unha complexa rexión de formación estelar alcumada popularmente cono nebulosas Corazón e Alma. A imaxe superior destaca unha parte de W5 e abrangue preto de 2000 anos luz, e é rica en piares de formación estelar. W5 dista preto de 6000 anos luz en dirección á constelación de Cassiopeia.

Texto orixinal no APOD.