Na cova do Lobo

Créditos da imaxe e copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)

Explicación: a misteriosa nebulosa azul de reflexión que aparece nos catálogos como VdB 152, ou Ced 201, é verdadeiramente feble. Atópase no extremo da gran nebulosa escura Barnard 175 nun poeirento complexo que recibe o nome de Cova do Lobo. A fantasmal aparición cósmica está a preto de 1400 anos luz sobre o norte da Vía Láctea na constelación real Cepheus. Preto do borde dunha gran nube molecular, as bolsas de poeira interestelar desa rexión bloquean a luz do fondo estrelado ou a dispersan, como no caso da estrela atrapada na poeira, e dan á nebulosa a súa característica cor azul. Pénsase que a luz ultravioleta da estrela é a causa da lene luminiscencia vermella do ponebular. Aínda que as estrelas se forman a partir de nubes moleculares, semella que esta estrela entrou accidentalmente nesa zona, xa que a a súa velocidade no espazo é moi diferente á velocidade da nube. Esta imaxe telescópica do espazo profundo abrangue 7 anos luz.

Texto orixinal no APOD.