Sol laranxa que escintila

Créditos da imaxe e copyright: Alan Friedman (Averted Imagination)
Explicación: o noso Sol esta a converterse nun lugar animado. Realizada a semana pasada, o Sol foi captado lucindo características numerosas e interesantes, incluíndo un dos grupos de manchas solares máis grandes nunca rexistrado: AR 1339 visible á dereita da imaxe. Só o ano pasado, o Sol emerxía desde un mínimo Solar excepcionalmente tranquilo que durou anos. A imaxe superior tomouse nunha cor única de luz chamada hidróxeno alfa, invertida e coloreada de forma artificial. As espículas cobren gran parte da faciana do Sol. O abrillantamento gradual cara os bordos do Sol son provocados pola absorción en aumento do gas solar relativamente frío que se denomina escurecemento do limbo. Xusto sobre as beiras do Sol sobresaen varias prominencias escintilantes, mentres as prominencias da faciana no Sol vense como raias de luz. Posiblemente o máis interesante á vista de todo sexan as rexións activas ensarilladas magneticamente que conteñen as manchas solares frías. Mentres o campo magnético do noso Sol avanza cara o Máximo Solar durante os próximos anos, a actividade en aumento creará probablemente momentos nos que a cara do Sol sexa incluso máis complexa.

Texto orixinal no APOD.