Unha fervenza, un arco da vella luar e unha alborada en Islandia

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Vetter (Nuits sacrees)

Explicación: canto máis olles esta imaxe máis cousas atoparás. Pode que o teu ollo sexa primeiro atraído pola pintoresca fervenza chamada Skogarfoss, visible á dereita da imaxe. Prevalece tamén neste espectáculo visual islandés, o colorido arco de luz á esquerda. Este arco cromático non é un arco da vella, xa que as pingas de auga non se orixinaron da chuvia nin reflicten a luz do Sol. Pola contra, as pingas proceden da fervenza  e están iluminadas pola Lúa case chea. Alta no ceo óllanse as tenues bandas verdes da alborada. A escena, tirada unha noite do pasado mes, mostra tamén un fermoso ceo estrelado de fondo, que inclúe o Setestrelo (ou Carro), parte da contelación da Osa Maior (Ursa Major).

Texto orixinal no APOD.