RCW: o remanente de supernova histórica

 
Créditos: rayos-X: XMM-NewtonChandra / IV: WISESpitzer
Explicación: en 185 d.C, astrónomos chineses recolleron a aparición dunha estrela nova no asterismo Nanmen; unha parte do ceo identificada como Alfa e Beta Centauri nos planisferios modernos. A estrela nova foi visible durante meses e pénsase que é a supernova rexistrada máis temperán. Esta composición en lonxitudes de onda múltiples desde telescopios en órbita do século XXI, XMM-Newton e Chandra en rayos-X, e Spitzer e WISE en infravermellos, amosa o remanente de supernova RCW 86, entendendo que é un remanente desa explosión estelar. A vista en cor falsa mostra o gas interestelar quecido pola onda de choque da supernova en expansión en enerxías de raios X (azul e verde) e o po interestelar que radia a temperaturas máis frías en luz infravermella (amarelo e vermello). Unha abundancia do elemento ferro e a falta dunha estrela de neutróns ou dun púlsar no remanente suxire que a supernova orixinal era de Tipo Ia. As supernovas de Tipo Ia son explosións termonucleares que destrúen unha estrela anana branca mentres suma material proveniente dunha compañeira nun sistema estelar binario. As velocidades de choque medidas nos raios X que emite a codia e as temperaturas do po infravermello indican que o remanente está a expandirse extremadamente rápido nunha burbulla de abraiante baixa densidade creada antes da explosión do sistema da anana branca. Preto do plano da nosa Galaxia da Vía Láctea, RCW 86 está a uns 8.200 anos luz de distancia e ten un radio estimado de 50 anos luz.

Texto orixinal no APOD.