O asteroide 2005 YY55 pasa pola terra

Cráditos da imaxe: Deep Space Network, JPL, NASA

Explicación: o asteroide 2005 YU55 pasou onte pola Terra sen representar ningún perigo. A rocha espacial, cun tamaño estimado de 400 metros, colouse entre a órbita da Terra e a Lúa. Se ben o paso de pequenas rochas preto da Terra non é moi inusual, de feito diariamente impactan coa Terra rochas pequenas, unha roca deste tamaño non pasaba pola Terra dende 1976. Se YU55 impactara, podería ter causado un terremoto de magnitude sete e deixado un cráter do tamaño dunha cidade. Un perigo maior sería se YU55 golpeara o océano, onde provocaría un enorme tsunami. A imaxe de radar de enriba foi tomada dous días atrás polo radiotelescopio da Deep Space Network [Rede do Espazo Profundo] en Goldstone, California, EEUU. YU55 non foi descuberto ata 2005, o que significa que outros asteroides potencialmente perigosos actualmente non detectados poderían axexar no noso Sistema Solar. Os obxectos como YU55 son difíciles de detectar porque son apenas visibles e móvense demasiado rápido. En todo caso, a habilidade dos humanos para escanear o espazo, detectando, catalogando e analizando este tipo de obxectos incrementouse notablemente en anos recentes.

Texto orixinal no APOD.


2 reflexións sobre “O asteroide 2005 YY55 pasa pola terra

  1. A foto de hoxe cobre un fito no APOD, a foto máis pixelada da súa historia XD

    Desde logo, non debe ser nada sinxelo fotografar corpos tan pequenos (lembremos que son escuros, que os vemos porque reflicten a luz solar) e rápidos. Con todo, supoño que primaría o valor testemuñal da foto e o debate que pode xerar. Vamos, que vivimos na Terra de miragre. E hai xente preocupada pola crise ;-)

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

  2. A pesar de todo es una buena foto. En el máximo brillo ha lucido magnitud 11, a 25º del horizonte y bajando y con luna llena. Con mi telescopio esto es una estrellita casi al límite de la visión.
    Yo no he podido verlo, pero ya empiezan en los foros a verse fotos y videos. Aunque la fotografía tiene mas capacidad, solo es una estrella débil que se mueve rápido,
    Saúdos.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.