Parhelios que saltan sobre os cumulonimbos



Créditos da imaxe: abrigattiYouTube
Explicación: que está a pasar sobre estas nubes? Nos últimos anos apareceron vídeos na web que detallan un fenómeno estraño pero pouco coñecido: cambios rápidos de luz sobre as nubes. Por riba da inspección e a contemplación, aparece agora unha hipótese destacada sobre a súa causa. En resumo, esta hipótese mantén que a descarga dun lóstrego nun cumulonimbo pode cargar temporalmente o campo eléctrico por riba da nube onde os cristais de xeo cargados reflectían a luz solar. O novo campo eléctrico re-orienta rapidamente os cristais xeométricos a unha nova orientación que reflicte a luz solar de xeito diferente. Noutras palabras, a descarga dun lóstrego pode provocar que un parhelio dea un chimpo. De seguido, o antigo campo eléctrico pode restablecerse, provocando que os cristais de xeo volvan á súa orientación orixinal. Para axudar a conseguir que se estudie mellor este fenómeno curioso, anímase aos entusiastas do ceo a compartir vídeos similares de parhelios danzantes ou que saltan.

 

Texto orixinal no APOD.