GK Per: a ‘Nova’ de 1901

Créditos da imaxe e Copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Universidade de Arizona

Explicación: aos inicios do século XX, GK Persei convertiuse por uns intres nunha das estrelas máis brillantes do firmamento do planeta Terra, un evento coñecido como Nova Persei 1901. Documentada nesta moderna composición actual a partir de dúas imaxes de 2003 e 2011, o material exectado pola explosión, chamado popularmente ‘nebulosa dos fogos artificiais’, continúa expandíndose no espazo. Estas imaxes forman parte dun vídeo en time lapse que fai o seguimento da expansión da nebulosa durante os pasados 17 anos. A preto de 1500 anos luz de distancia, a nebulosa ten algo menos de 1 ano luz de diámetro. Sobreenténdese que GK Per, xunto con outras estrelas variables cataclísmicas, coñecidas como novas clásicas, son sistemas binarios consistentes nunha anana branca compacta e unha inchada e fría estrela xigante en órbita cercana. A acumulación de masa transferida á superficie da anana branca dende a estrela xigante o través do disco de acreción dispara finalmente un estoupido termonuclear, facendo saltar o material estelar ao espazo sen chegar a destruir a anana branca. Con un periodo orbital de 2 días, o sistema GK Per está a producir en anos recentes explosións moito máis pequenas.

Texto orixinal no APOD.